Obradoiros no xardín

 

Santiago
18.00 a 21.30h
Presencial
Público en xeral

LUGAR | Xardíns do Pazo de Fonseca
ORGANIZA | Universidade de Santiago de Compostela

Acompáñanos nos seguintes obradoiros programados:

Desenvolvemento sostible liderado pola biotecnoloxía ambiental

Dentro das accións encamiñadas á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible, unhas moi relevantes son aquelas relacionados coa auga e o consumo responsable. Nestes obradoiros veremos como se limpa a auga de contaminantes co fin de obter unga auga adecuada para o consumo.

A química no día a día

Diversos experimentos divertidos no que xogaremos con reaccións químicas.

Fabrica o teu anticorpo

Construirás o teu anticorpo e poderás levalo contigo.

As plaquetas: Dr. Jeckyll e Mr. Hyde

Experiencia práctica para amosar o lado máis escuro das plaquetas. Aquí simúlase o que ocorre nas veas / arterias cando hai unha lesión vascular. As plaquetas protexémonos do sangrado pero tamén poden formar trombos, coágulos que causan dor e requiren tratamento.

Biotecnoloxía na cociña

Extraeremos con vos ADN utilizando cousas que atopamos na cociña das nosas casas.

Robótica

Interacción home-robot e manipulación robótica. Presentaranse un brazo robotizado, controlado por un computador.

Scalextric-IA

Carreira entre dous coches: un equipado con intelixencia artificiale o outro controlado por ti coa axuda dun controlador.

CystAnalyser

Veremos como un programa de ordenador nos pode axudar a deseñar novosmedicamentos para enfermidades xenéticas.

NL4XAI-MeteoText

Imos xerar de forma automática descricións meteorolóxicas a curto prazo cunha linguaxe sinxela, a partir dos datos de predición que nos cheguen de Meteogalicia.

Menelaos_NT e MISEL

Cámaras que capturan imaxes en 3D e que imitan ao cerebro.

 

NOTA: A entrada será sen rexistro previo. Será obrigatorio o uso da máscara e distancia de seguridade.