Vigo
Dende as 16.00 h
Presencial
Adultos e nenas/os (> 12 anos)
Prazas: 12
LUGAR | Porto pesqueiro de Vigo, dársena 2
ORGANIZA | Universidade de Vigo
Faranse 3 saídas de 1 hora cada unha e haberá 4 prazas por saída.
A saída estará condicionada pola meteoroloxía, polo que existe a posibilidade de que esta actividade sexa cancelada a última hora se as condicións non garanten a seguridade da mesma. As persoas participantes deben acudir con roupa de abrigo e calzado impermeable. Paseo a cargo do persoal do grupo de investigación GEOMA.
Durante o paseo polo interior da ría amosaranse diferentes técnicas de muestreo de sedimentos e caracterización de propiedades físicas da auga e do fondo mariño.
Para esta actividade é necesario inscribirse no prazo que se anunciará nos vindeiros días. As persoas participantes terán que aportar os seus datos persoais para dar cobertura co seguro a todos os asistentes (requisito obrigatorio). Confirmarase a praza vía correo electrónico ou chamada telefónica* e se xerará unha lista de agarda de ser o caso.
Reservar praza