Paseo: “A nosa percepción da cidade nocturna”. Diálogos sobre a percepción da iluminación artificial na noite urbana percorrendo a cidade.

A Coruña
21.00 a 23.00 h
Presencial
Público xeral

Prazas: 20

LUGAR | Punto de encontro: Estatua de María Pita na Praza de María Pita
ORGANIZA | Universidade da Coruña

Acompañados de expertos en iluminación pública sostible da Asociación Slowlight, os asistentes ao paseo nocturno percorrerán diferentes zonas da cidade dialogando sobre sobre a súa percepción da paisaxe nocturna, en relación co emprego da iluminación pública e privada da noite urbana como elementos da paisaxe. Durante o paseo, os asistentes irán compartindo e adquirindo ideas para comprender e avaliar a escena nocturna.
Inscribirse