Peza teatral en Casa Hamlet | Representación en vivo del Palynurus.

Etiquetas

A Coruña
27 de setembro ás 19:00 h.
Presencial
Público xeral (adulto).

Prazas: acceso libre ata completar capacidade da sala

LUGAR | Casa Hamlet en rúa Alfonso VII, 11, (A Coruña).
ORGANIZA | Universidade da Coruña

Esta actividade, financiada pola Xunta de Galicia, consistirá nunha breve presentación desta xoia literaria do Renacemento italiano a cargo de Jorge Ledo, director do proxecto de investigación «Políticas desde o Inferno» (2022–2025, Proxectos de Excelencia, Xunta de Galicia, ED431F 2022/19, entidade financiadora), e a lectura dramatizada de fragmentos da obra a cargo de actores profesionais de Casa Hamlet.

O Palinuro é un “spin-off” da Eneida, creado polo humanista italiano Maffeo Vegio, no que se recrea a chegada ao inferno do famoso timonel de Eneas e a súa disputa co barqueiro Caronte sobre quen ten a existencia máis miserable e onde reside a verdadeira felicidade.