A Coruña
25 de setembro, 18:00 a 21:00 h
Presencial
Público infantil e xuvenil
PRAZAS: Acceso libre
LUGAR| Dársena da Mariña ( inmediacións Sede Autoridade Portuaria) (A Coruña)
ORGANIZA | O CITEEC e a Universidade da Coruña
Presentaranse en miniatura varias das máquinas das que se empregan no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) e poderase interactuar con elas, vendo cal é o seu funcionamento e aprendendo conceptos básicos sobre Enxeñaría Civil.
Persoas investigadoras: Persoal investigador, técnico e de xestión do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC).
