Realidade aumentada e mixta para o estaleiro do futuro

Ferrol
17.00, 17.30, 18.00, 18.30, 19.00, 19.30, 20.00, 20.30 h
Presencial
Público familiar

Prazas: 8

LUGAR | Edificio de Talleres Tecnolóxicos, Campus de Esteiro, Ferrol
ORGANIZA | CIT Ferrol

O obxectivo desta actividade é presentar ao público xeral os derradeiros avances nas aplicacións de Realidade Aumentada e Mixta levados a cabo pola UDC e para seren empregados no Estaleiro do futuro. Algúns exemplos destas aplicacións inclúen: a visualización das partes internas dun bloque de construción do buque, o display realista dun mapa do estaleiro ou unha aplicación para levar a cabo de forma colaborativa o mantemento e reparación de buques e da súa maquinaria. Se for posible, estas aplicacións serán probadas polos asistentes empregando gafas de Realidade Aumentada, aínda que en calquera caso amosarase o que están mostrando as gafas a través de medios de visualización externa.

RESERVA DE PRAZA

*esta ligazón conduce a unha páxina allea á Universidade de Vigo. Por favor, non esquezas consultar a política de protección de datos da mesma.