Obradoiro | ROVs, simuladores e máis: visita a ETS de náutica e máquinas!

A Coruña
Presencial
Público escolar

PRAZAS: 25 prazas, por quenda. Ver +info.
LUGAR | Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (Sala de Simuladores de Máquinas).
ORGANIZA | CITENI, en colaboración coa ETS Náutica e Máquinas da UDC.

Descrición do obradoiro

Sumate á visita á ETS de Náutica e Máquinas! Convidámoste a descubrir o fascinante mundo marítimo cunha visita á Escola de Náutica e Máquinas, onde vas poder coñecer de preto as carreiras que preparan a quen busca un futuro cheo de desafíos, tecnoloxía e oportunidades globais.

Durante a xornada, vas participar dunha charla sobre ROVs (vehículos operados remotamente), unha tecnoloxía chave na exploración submarina e as operacións offshore. Tamén vas poder vivir unha experiencia única no simulador da cámara de máquinas, onde se adestran os futuros oficiais para xestionar e manter en funcionamento os sistemas esenciais dun buque. Se che interesa a tecnoloxía, o traballo en ambientes dinámicos e unha carreira diferente, non perdas esta oportunidade!

*Esta actividade será impartida por persoal investigador adscrito ao CITENI do Campus Industrial de Ferrol, en colaboración coa ETSNM da UDC. 

+info

Visitas escolares de mañá | Reserva previa en: comunicacion.citeni@udc.gal
20 min.