A Noite Galega das Persoas Investigadoras

A G-Night nace ao abeiro da Noite Europea das Persoas Investigadoras, un evento de divulgación científica promovido pola Comisión Europea no marco das Marie Skłodowska-Curie Actions.

O evento celébrase cos recursos propios das entidades que integran o consorcio e co apoio da Xunta de Galicia. Na súa edición de 2026, conta tamén coa colaboración da RSEQ (Real Sociedad Española de Química).

A Universidade de Vigo coordina a G-Night 2026, que terá lugar o 25 de setembro nas sete grandes cidades galegas. Na iniciativa participan, ademais das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, varios institutos do CSIC —IEGPS, IEO, MBG, IIM e Incipit—, os centros oceanográficos de Vigo e A Coruña do Instituto Español de Oceanografía, así como outros centros e organismos de investigación galegos, entre eles o INIBIC, IDIS, CITMAga, ECOBAS, IISGS e CESGA. A celebración da G-Night conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da GAIN (Axencia Galega de Innovación), dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e coa colaboración da Real Sociedad Española de Química.

A G-Night 2026 ofrece máis dun cento de actividades gratuítas nas que investigadores e investigadoras das universidades galegas e dos diferentes organismos de investigación participantes achegarán o seu traballo á cidadanía. A iniciativa busca conectar o tecido investigador galego coa sociedade, así como poñer en valor a importancia da ciencia e das súas achegas para o avance social.

O programa desta sexta edición inclúe feiras científicas nas principais cidades galegas, actividades de ciencia no bar, ciencia na biblio, roteiros, talleres en centros educativos e moitas outras iniciativas de divulgación e lecer científico para todos os públicos.

 

España

A Noite dos Investigadores /as en toda España: https://lanochedelosinvestigadores.es/