ESPAÑA
Noite Europea dos Investigadores é un proxecto de divulgación científica promovido pola Comisión Europea dentro das accións Marie Sktodowska-Curie do programa Horizonte 2020, que ten lugar simultaneamente en máis de 370 cidades europeas desde 2005. En España son sete os proxectos financiados pola Comisión e dous con categoría de asociados con actividades en Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Catalunya, Comunitat Valenciana, Estremadura, Galicia, Illas Baleares, Madrid, Rexión de Murcia, Navarra e País Vasco.
A Noite Europea dos Investigadores 2022 ofréceche o próximo 30 de setembro centos de actividades gratuítas nas que os investigadores e investigadoras achegarán á cidadanía dunha forma lúdica o seu traballo, os beneficios que aportan á sociedade e a súa repercusión na vida cotiá. Todo iso a través de experimentos, talleres, demostracións, experiencias, rutas, representacións teatrais, monólogos e moitas actividades máis.
Queres saber máis?
A Noite dos Investigadores /as en toda España: https://lanochedelosinvestigadores.es/