Neuston Experiment 2: Sounds of Science

Vigo
18.00, 20.00 h
Presencial
Actividade dirixida a un público adulto

Prazas: 25 por sesión

LUGAR | 1º andar do Museo MARCO, Vigo
ORGANIZA | Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC e UCC do CSIC en Galicia

Forma parte viva deste experimento de arte e ciencia! Goza coa performance de Mónica de Nut e o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC!

No marco do Proxecto Neuston, un diálogo entre a Ciencia e a Arte e iniciado hai anos no IIM-CSIC, esta acción consistirá nunha performance realizada pola artista Mónica de Nut baseada nas súas visitas ao IIM-CSIC en Bouzas e as conversas coas persoas investigadoras do centro.

Serán dúas sesións:

A primeira é de 18.00 a 19.30 horas (os asistentes deben chegar ás 17:50h)
A segunda é de 20.00 a 21.30 horas (os asistentes deben chegar ás 19:50h)

Mónica de Nut canta ópera, jazz, música de raíz e música experimental que mestura coa interpretación teatral e a danza contemporánea. Na acción Sounds of Science realizará cinco intervencións musicais e performativas onde a voz será a protagonista. A súa voz irá acompañada de sons gravados previamente, obtidos do medio mariño, dos laboratorios e instalacións de investigación do IIM-CSIC (por exemplo, dos acuarios do centro). Tamén escoitaremos sintetizadores e diferentes elementos como cunchas, auga ou area.

A preparación das composicións musicais creadas para o evento reflectirán os diálogos entre a artista e o persoal científico do IIM-CSIC. Durante o acto, varias persoas do centro unirán as súas voces á de Mónica, para compartir cos asistentes datos, explicacións, experiencias e ideas que relacionarán os sons co coñecemento sobre o medio mariño e as investigacións que realizan.

Artista: Mónica de Nut

RESERVA DE PRAZA

*esta ligazón conduce a unha páxina allea a G-Night. Por favor, non esquezas consultar a política de protección de datos da mesma.

CRÉDITOS

Comisariado e cordinación do proxecto: Xosé Pintado Valverde (Vicedirector de Cultura Científica do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (IIM-CSIC).

Coordinación técnica: Gabriela Ojeda Romano (Responsable da Unidade de Cultura Científica do IIM-CSIC), Jaime Amaro Blanco (Responsable de Comunicacións do IIM-CSIC) e Luisa Martínez Lorenzo (Responsable da Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia).

Asistencia técnica: Rubén Chamorro Valverde (Responsable do Servizo de Acuarios do IIM-CSIC); Xoan Martínez González (Técnico do Servizo de Acuarios do IIM-CSIC); Antonio J. Diosdado (Apoyo en Comunicación e Cultura Científica no IIM-CSIC).

Persoal investigador e técnico: Eva Balsa Canto (Investigadora do IIM-CSIC no grupo de Enxenaría de (Bio)procesos), María Pilar Riobó Agulla (Investigadora do IIM-CSIC no grupo de Fotobioloxía e Toxinoloxía de Fitoplancto), Jose Luis Garrido Valencia (Investigador do IIM-CSIC no grupo de Fotobioloxía e Toxinoloxía de Fitoplancto), Xosé A. Álvarez Salgado (Investigador do IIM-CSIC no Laboratorio de Xeoquímica Orgánica), Rebeca Paola Rodríguez Mendoza (Investigadora do IIM-CSIC no grupo de Ecoloxía Pesqueira) e Carlos Vilas Fernández (Investigador do IIM-CSIC no grupo de Enxeñaría de (Bio)Procesos).

Entidades colaboradoras: Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO).

Cesión de sons: Martín Pérez Rodríguez (Investigador do LFCR-UPPA) e Gonzalo Mucientes Sandoval (Investigador do IIM-CSIC no grupo de Ecoloxía Pesqueira).