IEO | Talleres científicos no local de Emaús

Organiza | IEO-CSIC
Horario | 18.00 h – 20.00 h
Localización | Local de Emaús na Rúa Doutor Cadaval, 30
Público xeral | acceso libre

Da investigación á acción: o Centro Oceanográfico de Vigo

Queres saber por que ás veces o mar brilla pola noite?
Descubrir que animais mariños habitan as nosas costas?
Ou coñecer que contaminantes ameazan os océanos?

O persoal investigador e técnico do Centro Oceanográfico de Vigo axudarache a responder estas e moitas outras preguntas a través de seis obradoiros interactivos no Local de Emaús.
Inspirados nos seus Encontros Improbables, estes talleres achegarán a ciencia mariña ás persoas participantes de Emaús, á veciñanza do barrio e ao público xeral. A partir de noticias reais da prensa e de xeito interactivo, coñeceremos o traballo de investigación e asesoramento que realiza o Centro Oceanográfico de Vigo, un labor fundamental que ten un impacto positivo na nosa vida cotiá.