Tarde de portas abertas no INCIPIT

Santiago
19.00 h
Presencial
Público xeral, preferentemente adulto

Prazas limitadas con reserva previa

LUGAR | INCIPIT
ORGANIZA | INCIPIT-CSIC

O Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), pertencente ao Consello Superior de Investigación científicas (CSIC), é un instituto de investigación en patrimonio cultural, pero tamén un espazo de divulgación científica aberto á sociedade co compromiso de facer unha ciencia máis inclusiva e transparente.

A visita ten unha duración aproximada de 90 min, con parada no planetario -onde a través dunha proxección audiovisual se explicarán conceptos de arqueoastronomía- e nos laboratorios do instituto, co fin de amosar o xeito de  traballar o rexistro patrimonial desde disciplinas como a bioloxía, a física, a antropoloxía forense ou a arqueoloxía.

Por último, presentarase o laboratorio do proxecto europeo XSCAPE Mentes Materiais e a metodoloxía coa que se está a investigar a relación da mente humana co entorno material ao longo do tempo.

Por razóns organizativas e de espazo non podemos acoller a grupos de máis de 25 persoas, polo cal se deberá reservar praza no enderezo valorizacion@incipit.csic.es.