Obradoiro CITENI | Un circuíto de carreiras virtual: ensaiando motores de coches sen saír do laboratorio

Ferrol
Presencial
Público escolar e familiar

PRAZAS | Varias quendas de 10 prazas. Ver +info.
LUGAR | Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (Edificio de Talleres – Soto) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.

Descrición do obradoiro

Como ensaiar o motor dun coche cando aínda non se fabricou? O Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM) presentará un prototipo de banco ciberfísico de ensaios para motores eléctricos, en que se proban compoñentes reais de vehículos (no noso caso, os motores que moven o coche) controlados por unha simulación do vehículo nunha contorna virtual. Así poden ensaiarse os compoñentes en condicións de funcionamento reais, aínda que non se dispoña dun coche completo en que probalos. O LIM dispón dun banco para motores reais, pero o demostrador que usaremos na G-NIGHT é un prototipo transportable para motores máis pequenos.

+info

Sesións escolares de 10 a 14 h. Inscrición previa requerida no correo comunicación.citeni@udc.gal.
Sesións abertas ao público xeral de 17 a 20 h. Entrada libre ata completar capacidade.
Reserva a túa en: http://citeni_udc.eventbrite.com