INIBIC na DOMUS

A Coruña
26 de setembro 10:00- 13:00 h
Presencial
Público escolar

PRAZAS: Visitas concertadas

LUGAR | Domus, Rúa Ángel Rebollo, 91
ORGANIZA | INIBIC, Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña

Enxeñaría e ciencias da saúde

Descubre como a ciencia e a enxeñaría traballan para mellorar a nosa vida e abrir o camiño cara á medicina do futuro. A impresión 3D está revolucionando a saúde, mediante a creación de biomodelos e solucións feitas a medida.

A aventura do sono

Queres saber que pasa na túa mente mentres soñas? Acompáñanos nesta charla entretida e chea de datos sorprendentes, onde descubriredes por que o sono é fundamental para recargar enerxías, coidar da saúde e mellorar o benestar diario. Prepárate para quedares abraiado co que ocorre no teu cerebro cada noite… e comprende como un bo descanso pode transformar a túa vida!

A vida celular las enfermidades

Que pasa cando se dana unha célula? Como podemos protexelas? As células son l base da vida, e cando se estragan, aceleran o envellecemento e favorecen a aparición de enfermidades. Por sorte, grazas á investigación, aos bos hábitos e a novas terapias, podemos protexelas… ¡e mellorar a nosa calidade de vida!