Obradoiro | A ciencia xógase na mesa | UCC CSIC Galicia

Organiza | Unidad de Cultura Científica del CSIC en Galicia
Lugar | Claustro do Colexio Fonseca, Rúa do Franco s/n
Horario | 18:00 h a 21:00 h
Público xeral

Actividade interactiva na que se presentarán diferentes xogos de mesa de temática científica xa existentes, xunto con dous xogos novos deseñado especificamente para a ocasión, e na que se organizarán, de forma paralela, partidas rápidas. O persoal del CSIC mostrará nunha das mesas os materiais dispoñibles e explicará os conceptos científicos e as liñas de investigación asociadas, co obxectivo de propiciar o diálogo en torno a eles a través do xogo. Na outra mesa, as persoas asistentes participarán nas partidas cos xogos en formato físico. Tras unha breve explicación da mecánica do xogo (aprox. 5 min), impartida polo persoal del CSIC, terán lugar de forma continua partidas rápidas de 15-20 minutos, con grupos de 4 xogadores, co fin de favorecer un elevado número de sesións e un fluxo constante de participantes durante o evento.

Na sesión se levarán a cabo partidas con diferentes xogos: i)“Que Praga!” xogo elaborado pola Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC) para achegar coñecementos sobre cultivos, pragas e a importancia da biodiversidade e o coidado do solo); ii) “Frei Martín Sarmiento” e “Viaxe de Frai Martín Sarmiento”, dos xogos elaborados polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS-CSIC) para ensinar quen foi Frai Martín Sarmiento, cales foron as súas investigación e as viaxes que fixo para acabar as súas obras. Ademais, dende a UCC del CSIC en Galicia estrearemos dous novos xogos propios para a G-Night: “A espiral da ciencia” centrado en facer visible as distintas etapas e retos do proceso científico de investigación e “As sete chaves de Galicia” orientado a dar a coñecer os centros do CSIC en Galicia. Ó mesmo tempo, se darán a coñecer outros xogos xa existentes, como a oca “De pez en pez y tiro otra vez” do Centro Oceanográfico de Vigo (COV-IEO-CSIC), para aprender acuicultura xogando; o “Xogo da mámoa” do Instituto de Ciencias del Patrimonio (INCIPIT-CSIC), que achega a arqueoloxía e axuda a comprender os monumentos funerarios, entre outros.

Sesións: obradoiro continuo con partidas rápidas de 15‑20 minutos.