A industria do futuro: robots, automatismos e realidade aumentada (Grupos escolares de 9 a 12 anos)

Ferrol
10.00 a 11.30 h, 11.30 a 13.00 h
Presencial
Grupos escolares de 9 a 12 anos

Prazas: 25 en cada quenda

LUGAR | Edificio de Talleres Tecnolóxicos, Ferrol
ORGANIZA | CIT Ferrol

Nesta sesión, os escolares visitarán os seguintes talleres: “Robótica cognitiva: cara a un maior nivel de autonomía para a industria” no que investigadores da UDC amosarán o robot Baxter, co que os alumnos poderán interactuar, “Realidade aumentada e mixta para o estaleiro do futuro” no que se presentará o que son a Realidade aumentada e mixta e cal é o uso que se lle pode dar nun estaleiro para axudarnos a construír barcos, e “Automática ao servizo da sociedade” onde os participantes ademais de aprender o que é un sistema de control, competirán cunha máquina para ver quen é mellor (o humano ou a máquina) controlando unha instalación industrial.

RESERVA DE PRAZA

*esta ligazón conduce a unha páxina allea á Universidade de Vigo. Por favor, non esquezas consultar a política de protección de datos da mesma.