Santiago de Compostela
19:30 h.
Presencial
Público adulto
LUGAR | Saída do IEGPS, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (ás 19:30 h.)
ORGANIZA | IEGPS, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento
A actividade proposta consiste nun roteiro que sairá do IEGPS e que percorrerá as rúas do casco histórico compostelán até rematar no IEGPS. Ao longo do roteiro seleccionaranse algúns lugares de especial significación para coñecer a historia das mulleres compostelás desde a Idade Media até a contemporaneidade, ofrecendo breves explicacións histórico-artísticas por parte do personal do IEGPS (Miguel García-Fernández, María Rivo Vázquez e Jeniffer Fernández González).
Duración estimada: 1 h. 30 min.