A Coruña
27 de setembro, ás 19:00 h.
Presencial
Público xeral
PRAZAS: ACCESO LIBRE ATA COMPLETAR AFORO.
LUGAR | LA OLÍMPICA bar, rúa Alfredo Vicenti 39 (A Coruña).
ORGANIZA | Universidade da Coruña.
O refrán “Vaca de moitos, ben muxida e mal mantida” resume a coñecida como “traxedia dos comunais”, que fai referencia a que a sobre-explotación dos bens comunais levará ao seu esgotamento. Nesta charla falaremos desta “traxedia” e as solucións propostas pola ciencia económica, ilustrándoa con referencias ao mundo dos comics.
RELATOR: Manuel Alberto Gómez Suárez, investigador do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS.
