Charla | E a min a estatística, de que me serve? 

A Coruña
27 de setembro, ás 20:20 h.
Presencial
Público xeral

PRAZAS: ACCESO LIBRE ATA COMPLETAR AFORO.
LUGAR | ÁRNICA bar, rúa Herrerías 2 (A Coruña).
ORGANIZA | Universidade da Coruña.

Todos os días manexamos moitísimos datos e non temos problema para procesalos e extraer a información relevante sen aplicar nada de estatística. Entón, por que está tan de moda falar de ciencia de datos? Por que son necesarias tantas ferramentas novas para facer algo tan sinxelo? A resposta (alerta spoiler) é que extraer conclusións dásenos bastante peor do que cremos.

RELATORA: María Vidal García  da Universidade de Santiago de Compostela.