Charla | Animais do océano profundo: O seu papel na mitigación do cambio climático

A Coruña
26 de setembro, de 18:30h. a 21:00h.
19:30h. Presencial
Público xeral| 15 min

PRAZAS: ACCESO LIBRE ATA COMPLETAR AFORO.

LUGAR | ÁRNICA bar, rúa Herrerías 2 (A Coruña).
ORGANIZA |Universidade da Coruña.

A charla tratará o papel do océano como sumidoiro de carbono a través da Bomba Biolóxica, centrada no fluxo activo impulsado por organismos migradores verticalmente como zooplancto e micronecto. Explicarase o intercambio de CO₂ atmosfera-océano e os principais mecanismos do secuestro. Tamén os grupos implicados, aspectos curiosos da súa ecoloxía e adaptacións ás condicións do océano profundo, cun enfoque especial no zooplancto xelatinoso.

Relator: Nicolás Larrumbide Zúñiga (Facultade da ciencias, Instituto de Oceanografía y Cambio Global de Las Palmas de Gran Canaria