Obradoiro MUNCYT | Como aplicamos as Matemáticas, a Física, a Química e a Bioloxía para avaliar a túa condición física?

A Coruña
26 de setembro,  dúas quendas: 1ª quenda ás 18:00 h. (6Omin) e  2ª quenda ás 19:30h. (60min)
Presencial
Público xeral e familiar (a partir de 12 anos)

Reserva previa en reservascor@muncyt.es e no teléfono 689 578 727 para participar no obradoiro completo ou acceso libre por orde de chegada, previa inscrición na recepcion do museo.

LUGAR | MUNCYT (A Coruña)
ORGANIZA | MUNCYT e Universidade da Coruña

Obradoiro sobre as Ciencias do Deporte “Actividade desenvolvida polo grupo Performance and Health Group (PhG) da Universidade da Coruña”.

As ciencias da actividade física e do deporte abordan a avaliación da condición física mediante o uso de diferentes probas e recursos tecnolóxicos que aplican algúns dos contidos da Física, das Matemáticos, da Químicos ou da Biolóxía que forman parte do currículo de secundaria e bacharelato. O principal obxectivo deste obradoiro é aproximar algunha de estas probas e recursos ao mesmo tempo que divulgar os coñecementos científicos que os sustentan. Ó longo da sesións os/as asistentes experimentarán con diferentes dispositivos de medición e coñecerá, entre outras cuestións, como a física explica o funcionamento dunha plataforma de forzas ou permite calcular a altura dun salto vertical medida por unha plataforma de contactos e como estes datos constitúen una medida da forza realizada polos músculos, como a resistencia do corpo ao paso dunha corrente eléctrica permiten avaliar a composición corporal; como se aplican as matemáticas para facer cálculos coa a frecuencia cardíaca rexistrada nun pulsómetro ou como a química e a bioloxía nos permiten, a través das medición do lactato no sangue ou dos gases expirados, coñecer como se produce enerxía dentro das nosas células musculares.

Persoas investigadoras: Actividade desenvolvida polo grupo Performance and Health Group (PhG) da Universidade da Coruña: Eliseo Iglesias Solet, Jessica Rial Vázquez,Sonia Liliana Rivera Mejía, Manuel Giráldez García, Iván Nine Sieira e Borja Revuelta Lera