Charla | Da chuvia ao radón: sensores e intelixencia artificial para coidar o medio ambiente    

A Coruña
26 de setembro, de 18:30h a 21:00h.
19:10h Presencial
Público xeral| 15 min

Prazas: acceso libre

LUGAR | Dársena da Mariña ( inmediacións Sede Autoridade Portuaria)(A Coruña).
ORGANIZA |  Universidade da Coruña

Nesta charla achegarémonos a dúas experiencias innovadoras de investigación: a infraestrutura IoT do Campus SUDS, que emprega sensores para medir en tempo real a calidade da auga, do solo e da chuvia, e un sistema baseado en intelixencia artificial capaz de predicir concentracións de radon en interiores e activar medidas correctoras. Un percorrido para comprender como a tecnoloxía dixital e a IA axudan a anticipar riscos e avanzar cara cidades máis sostibles e saudables.

Relator: Alberto Alvarellos González (CITEEC)