Charla | Soñan os androides con impoñer o racismo?

A Coruña
27 de setembro, ás 19:40 h.
Presencial
Público xeral

PRAZAS: ACCESO LIBRE ATA COMPLETAR AFORO.
LUGAR | ÁRNICA bar, rúa Herrerías 2 (A Coruña).
ORGANIZA | Universidade da Coruña.

A charla explicará os desafíos actuais da ética da intelixencia artificial. Presentaranse certas ideas da filosofía da tecnoloxía sobre o impacto ético e político da tecnoloxía, a súa aplicación á IA e os principais principios da ética da intelixencia artificial (nesgos, transparencia, etc.).

RELATOR: Jorge Crego  , investigador da Facultade de Dereito  da Universidade da Coruña.