Charlas CITMAga | Matemáticas

Santiago de Compostela
Presenciais
De 17.00 a 18.00 h

LUGAR | Salón de graos do Colexio San Xerome (Praza do Obradoiro)
ORGANIZA | Universidade de Santiago e CITMAga

Grupos para oír, ver e tocar

Relatora | Ana Belén Rodríguez Raposo
Se pensamos na teoría de grupos, adoitamos pensar nunha abstracción matemática que se aplica a outras abstraccións matemáticas. E a pesar de que isto é certo, tamén pode aparecer en lugares tan dispares como a Alhambra de Granada ou o Canon de Pachelbel. Nesta charla poñeremos os lentes e os auriculares matemáticos, e veremos e escoitaremos a teoría de grupos en lugares que non sospeitabamos que se agochaba.

Ondas, ondiñas, e outras pequenas cousas…

Relator |Andrés Prieto Aneiros
As ondas do mar, a luz, mesmo o ruído rúa, ou incluso eses chismes que nos contaron o outro día, teñen algo en común. Nesta charla veremos como é que as matemáticas son quen de buscarlles unha conexión e de predicir o seu comportamento.

Números máxicos!

Relatora | Elena Vázquez Abal

Partindo dun truco de maxia, intentaremos entender como funciona o noso “sistema de numeración decimal posicional”. Sería mellor usar outro sistema?