A Coruña
25 de setembro, 18:00 a 21:00 h
PRAZAS | Acceso libre
LUGAR| Dársena da Mariña (inmediacións Sede Autoridade Portuaria)
ORGANIZA | Universidade da Coruña
Charla | PequeNos (nano)materiais de gran impacto
19:30h Presencial
Público adulto | 20 min
Os nanomateriais son materiais extremadamente pequenos con propiedades asombrosas. Están presentes nos medicamentos, a química, a física, a bioloxía, a saúde, o transporte, a enerxía e a xestión da auga, e están a transformar a sociedade. Nesta charla poderás coñecer mellor os nanomateriais: como se fabrican, como se estudan, para que serven e por que seguimos investigando sobre eles.
Acompáñanos para coñecer mellor os nanomateriais: como se fabrican, como se estudian, para que serven y por que seguimos investigando sobre eles.
Relator/a: Dr Jonathan Quinson (Centro Interdisciplinar de Química y Biología – CICA – Universidade da Coruña – UDC)
Charla | Proxecto ZOE: cando a terra esbirra e nos arrefriAmos todos
19:50h Presencial
Público adulto | 20 min
O Proxecto Europeo “ZOE” (acrónimo en inglés de “Emerxencia zoonótica a través de ecosistemas forestais degradados e restaurados”), conecta a saúde dos bosques (deforestación, perda de biodiversidade) co risco de que os virus salten dos animais aos humanos. O labor da UDC no consorcio ZOE é fundamental para poñer en funcionamento o enfoque “One Health”, a idea de que a saúde humana, animal e ambiental son unha soa.
O obxectivo é demostrar que a recuperación da biodiversidade actúa como un “escudo natural” contra as zoonoses. A través dos resultados obtidos en obradoiros con actores locais, a UDC está axudando a descifrar como as nosas decisións e cultura inflúen na aparición de brotes zoonóticos.
Relator/a:
Adina Claudia Dumitru Dumitru (IP da Facultade de CC. da Educación – Grupo de investigación en psicoloxia do desenvolvemento e da aprendizaxe escolar “GIPDAE”)
Oscar Luis Blanco Domínguez (Técnico de investigación y comunicación da Facultade de CC. da Educación – Grupo de investigación en psicoloxia do desenvolvemento e da aprendizaxe escolar “GIPDAE”)
Charla | Cando a enxeñaría constrúe saúde: xemelgos dixitais de tumores
20:10h Presencial
Público adulto | 20 min
Nesta charla presentarase unha visión global dos avances en predición personalizada de crecemento de tumores e a súa resposta terapéutica mediante modelos matemáticos informados por imaxe médica e datos clínicos. Estes modelos sentan as bases cara o deseño de xemelgos dixitais do tumor de cada paciente, que permitirán no futuro optimizar de forma personalizada a xestión clínica da enfermidade e conseguir así unha mellor supervivencia e calidade de vida para os pacientes
Relator/a: Guillermo Lorenzo Gómez (CITEEC, ETSE de Camiños)
Charla | As paisaxes mírannos
20:30h Presencial
Público xeral | 20 min
Charla divulgativa sobre como a cultura visual constrúe a nosa maneira de mirar e habitar a paisaxe.
Persoas investigadoras: Yolanda Pérez Sánchez, do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC).
Charla | Fármacos para o tratamento da obesidade e diabetes mellitus: novidades científicas
20:50h Presencial
Público adulto | 20 min
Na charla presentaranse, dun xeito claro e comprensible para todos, os principais resultados obtidos pola comunidade científica con estes novos fármacos (agonistas de GLP-1 y/o GIP, nombrados Semaglutida y Tirzepatida). Explicarase de xeito sinxelo como funcionan, canto poden axudar a controlar o peso e os niveis de azucre en sangue e que outros beneficios para a saúde observáronse.
Relator/a: Natalia da Silva Lima (Investigadora Ramón y Cajal – Centro Interdisciplinar de Química y Biología – CICA, Universidade da Coruña)
