Charlas e vídeos na rúa Quiroga Ballesteros

Lugo
18.00 a 22.00 h
Presencial
Público familiar

Prazas: consultar cada obradoiro.

LUGAR | Rúa Quiroga Ballesteros
ORGANIZA | Xuvenciencia e Agromar (Universidade de Santiago de Compostela)

> Unha charla moi picante

Mergúllate no excitante mundo da ciencia do picante e únete a nós para descubrir o lado máis ardente da vida. Adéntrate nun universo de sensacións crepitantes, abafantes, afervoadas, candentes e apaixonadas. Dende as culturas que abranguen o picante como un piar da súa gastronomía, ata os efectos emocionantes que ten o noso cerebro, esta charla mergullarate nun mundo engaiolante. Prepárate para unha experiencia científica que che fará suar, saborear e vibrar!

Estás preparado para embarcarte nunha viaxe chea de paixón e picante?

> A miña parasitografía: historia dunha parasitóloga parasitada

MONÓLOGO ı Facendo un percorrido pola miña biografía, repasarei algúns dos parasitos máis frecuentes no mundo desenvolvido. Quen non tivo piollos de cativo? Quen non foi picado algunha vez por pulgas ou carrachas?

Braseándome na miña experiencia persoal, explicarei como se transmiten e se poden previr estas parasitoses.

> Proxección de audiovisuais

Haberá unha pantalla proxectando vídeos que amosan o traballo do persoal investigador desenvolto no Campus de Lugo.
En breve poderás consultar máis información sobre o contido que se poderá ver na G-night de Lugo.

www.xuvenciencia.org