Charlas «Matemáticas para a Terra, o mar e a vida»

Santiago de Compostela
18.00h
Presencial
Público xeral

Prazas: acceso libre ata completar capacidade da sala

LUGAR | Salón de Graos de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n
ORGANIZA | CITMaga Centro de investigación e tecnoloxía matemática de Galicia

As matemáticas unha ferramenta para a loita contra os incendios forestais
Ás 18:00h, con Mª José Ginzo Villamayor, Universidade de Santiago de Compostela, colaboradora do CITMAga.
Nesta charla presentarase a experiencia de CITMAga en diferentes proxectos relacionados cos incendios forestais desde 2013. O obxectivo xeral destes proxectos é o desenvolvemento dun sistema experto para a monitorización e xestión dos recursos implicados na extinción dun incendio forestal e para axudar á toma de decisións dos responsables.

A Estatística e o azar das probas da COVID-19
Ás 18:20h, con María Isabel Borrajo García, Investigadora vinculada a CITMAga da USC, Axudante Doutora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC
“As probas rápidas mercadas a China non acadan nin o 30% de sensibilidade”. Titulares coma este correron como a pólvora por todo o país entre finais de marzo e comezos de abril do 2020. O do 30% soaba a pouco e mal, pero… que hai detrás? Sabemos que é iso da sensibilidade, como se calcula ou para que serve? E se a túa proba é positiva, sabemos que quere dicir? Nesta charla queremos axudarche a entender un pouco máis as matemáticas tras todos estes datos e conceptos, e a súa interpretación.

Cantos buracos ten unha camiseta?
Ás 18:40h, con Tomás Otero Casal, investigador predoutoral FPU – CITMAga – Universidade de Santiago de Compostela
Algunha vez te preguntaches cantos buracos ten unha camiseta? Tres, catro, ou quizais dous? Por absurda que pareza, esta pregunta é de certa relevancia na matemática moderna. Para explicar o porqué, definiremos o que é un buraco para un matemático, e como os podemos contar dende o punto de vista da topoloxía.

Fomento da cooperación na prevención de inundacións en concas fluviais
Ás 19:00h, con Juan Vidal Puga, Investigador vinculado a CITMAga da UVigo. Profesor titular de universidad, Departamento Estadística e investigación operativa de la UVigo.
Aplicamos o concepto de núcleo en xogos cooperativos para estudar como os propietarios de terras poden ser incentivados para cambiar o uso dos seus terreos con obxecto de previr inundacións.


Atúns fantásticos e onde atopalos

Ás 19:20H, con Sara Recondo, Investigadora en formación de CITMAga. Investigadora predoutoral da UDC.
E se souberas que os atuneros reciben información sobre onde, cando e canto pescar en cada momento? … que se é por arte de maxia? Ven e descúbreo ti mesmo!