Ciencia na biblio | Biblioteca Neira Vilas

Aprendendo a predicir nunha segunda lingua

Organiza | Universidade de Vigo e Biblioteca Neira Vilas
Horario | 19.30 h
Localización | Biblioteca Xosé Neira Vilas
Público xeral | acceso libre

 

Nesta charla descubriremos como inflúe a repetición e o uso frecuente dalgunhas expresións na aprendizaxe dunha primeira ou segunda lingua. Son as conclusións de dous estudos realizados por David Tizón, investigador do Instituto de Lingua da Universidade de Vigo.

Os resultados amosan que persoas galegas que aprenden inglés son capaces de anticipar os elementos dunha expresión habitual, pero non empregan​ todas as pistas predictivas que usan os/as falantes nativos/as para facelo.