Vigo
27 de setembro de 2024
19.30 a 21.00 h
Presencial
Público xeral
LUGAR | Terraza Biblioteca Municipal Neira Vilas
ORGANIZA | Universidade de Vigo
Escoita charlas de divulgación científica e dialoga con investigadores e investigadoras nun espazo singular.
Na procura da potencia perdida: a España solar que non foi
Con Ana Larrañaga, do Grupo de Investigación de Tecnoloxía Enerxética (GTE), e Juan Jesús Rico, do Laboratory of Transport Processes da TU Dortmund e colaborador do GTE do CINTECX.
Nesta charla, abordaremos estas cuestións, explorando tanto os éxitos como os desafíos que enfrontou España neste campo. A través das perspectivas dunha residente local e dun emigrante que recentemente se estableceu en Alemaña, ofreceremos unha análise sobre como diferentes países enfocan o aproveitamento da enerxía solar.
España, o país coa maior cantidade de horas de sol na UE, emerxeu nun momento dado como líder en potencia solar instalada e en innovación tecnolóxica no ámbito das enerxías renovables. Non obstante, a pesar deste prometedor comezo, anos despois España non logra ocupar os primeiros postos en potencia instalada per cápita. Esta situación suscita varias preguntas: Que sucedeu para que España non consolidase a súa vantaxe inicial? Como inflúe o marco regulatorio e o apoio institucional na evolución da enerxía solar?
A charla consistirá nun coloquio entre unha persoa que reside en España e outra que emigrou recentemente a Alemaña, o que achegará un enfoque novo e unha colaboración internacional para ofrecer un punto de vista diferente.
Duración estimada: 20 min.