Ciencia no Bar

Pontevedra
19.30 a 21.00h
Presencial
Público xeral (>16 anos)

PRAZAS: 40 (ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CAPACIDADE)

LUGAR | La Gramola (Praza de Mendez Nuñez, 1)
ORGANIZA | Universidade de Vigo
PRESENTA | Ana Belén Fernández Souto, Directora de Área do Campus de Especialización Crea.

Escoita charlas de divulgación científica e dialoga con investigadores e investigadoras nun ambiente relaxado mentres te convidamos a un café (ou té ou refresco).

A combustión: moito máis que lume e gases
Juan Jesús Rico, do Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE).
A combustión é un fenómeno de sobra coñecido por calquera, e non é complicado buscar exemplos: unha cacharela no San Xoán, unha cheminea, o interior da mayoría dos nosos vehículos… Pero hai moito máis neste fenómeno que pode non ser evidente nunha primeira ollada, e a combustión tamén ten un papel moi importante que xogar na loita contra o cambio climático.

A intelixencia artificial que nos rodea
José Carlos López Ardao, do centro de investigación atlanTTic.
Tras explicar de xeito sinxelo que é a intelixencia artificial e cales son os distintos tipos, faise un pequeno repaso polos casos máis habituais de emprego da intelixencia artificial que nos rodea no noso día a día, e en moitos casos pode que nin sequera sexamos conscientes dela.