Ciencia no Bar | Un museo virtual para reflexionar sobre a Xustiza Social

Ourense
19.00 h
Presencial
Público xeral (>16 anos)

PRAZAS: 40 (ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CAPACIDADE)

LUGAR | Café & Pop Torgal (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Ourense)
ORGANIZA | Universidade de Vigo

Un museo virtual para reflexionar sobre a Xustiza Social

Adentrarémonos na Xustiza Social a través da visualización dun Museo Virtual e da reflexión colectiva arredor dun Minidicionario de termos vinculados con este ámbito. As imaxes expostas conectaranse cos conceptos do dicionario, favorecendo unha aprendizaxe significativa e unha comprensión crítica das ideas clave.

A proposta constitúe unha oportunidade para reflexionar sobre valores como a xustiza social, a igualdade, as accións positivas e a loita contra diferentes formas de discriminación. Trátase dunha actividade pensada para fomentar o pensamento crítico e crear un espazo de diálogo no que compartir ideas, puntos de vista e experiencias sobre a importancia de construír unha sociedade máis xusta e equitativa.

Duración: 1 hora

Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia