Organiza | Universidade de Vigo
Horario | 19.00 h – 21.00 h
Localización | Gerona,16
Acceso libre
Realidade virtual inmersiva:
videoxogos para a promoción da saúde de xeito divertido
Practicar algunha activide física regularmente é fundamental para manter a nosa saúde. Ás veces, atopar o momento e ser constante é difícil. Que pensarías se 10 minutos diarios de xogos virtuais fosen suficientes?
Investigadores da Facultade de Fisioterapia levan anos testando ferramentas virtuais como facilitadores de terapias físicas en distintos colectivos: dende nenos a persoas maiores. Coñece como foi o proceso e proba a experiencia!
Pablo Campo Prieto PT PhD
Grupo de Investigación Healthyfit
Explorando a funga de Madagascar
Madagascar é coñecida pola súa biodiversidade única, pero no que respecta á biodiversidade do Reino Fungi (coñecida agora como funga, como palabra complementaria a fauna e flora) nesta illa aínda quedan moitas incógnitas por resolver. Nesta charla divulgativa exploraremos os fascinantes fungos de Madagascar, destacando a enorme diversidade e importancia ecolóxica destes organismos. Acompáñanos nesta viaxe ao mundo oculto dos fungos, descuberto a través de máis de cen anos de investigacións que desvelan o papel fundamental deste reino nos ecosistema s máis exóticos do planeta.
Mauro Rivas Ferreiro
Grupo de investigación en Xenética Evolutiva e Conservación da Biodiversidade (XB2) – CIM
Lesións musculoesqueléticas en músicos
Nesta charla falaremos sobre a prevalencia das lesións musculoesqueléticas en músicos, descubrindo tanto as zonas do corpo máis comunmente afectadas así coma as razóns polas que este tipo de lesión poden aparecer. Ademáis, falaremos dunha parte moi importante como é a prevención, tendo en conta o esforzo corporal que se precisa ó tocar cada instrumento. É unha oportunidade para comprender mellor a relación entre música e saúde, tanto se es intérprete como se simplemente che apaixona o mundo da música.
Clara Rodríguez Gude
Grupo de Investigación Fisoterapia Clínica
