Ciencia no bar

Vigo
20:30 a 22.00h
Presencial
Público xeral (>16 anos)

PRAZAS: 40 (ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CAPACIDADE)

LUGAR | Vitruvia Café, Praza de Compostela, 5
ORGANIZA | Universidade de Vigo
PRESENTA | Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo

Escoita charlas de divulgación científica e dialoga con investigadores e investigadoras nun ambiente relaxado mentres te convidamos a un café (ou té ou refresco).

O papel dos recursos minerais na descarbonización e dixitalización da economía
Con Elena Alonso Prieto, do Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Mineiros.
O obxectivo desta sesión é proporcionar as claves para comprender o papel que teñen os recursos minerais no alcance dos obxectivos de descarbonización e dixitalización da economía.

En busca de microorganismos degradadores de plásticos
Con Víctor Hernando Morales, do Grupo de Oceanografía Biolóxica, do CIM (Centro de Investigación Mariña)
Falarase da contaminación dos plásticos no medio mariño de xeito coloquial. Analizarase a problemática a escala global, a ameaza que supoñen, e os diferentes mecanismos naturais (abióticos e bióticos) de degradación dos plásticos que contribúen á súa eliminación do medio natural.
Esta charla encádrase dentro da Misión Auga e Océanos do programa Horizonte Europa, xa que se trata dun proxecto innovador que estuda liñas biotecnolóxicas co fin de mitigar os efectos da contaminación