Comprendendo as mentes materiais. Modifica o mundo construído o noso cerebro?

Santiago
18.00 ás 21.00 h
Público xeral

Prazas: acceso libre

LUGAR | Claustro do Colexio de Fonseca, Rúa do Franco s/n
ORGANIZA | INCIPIT-CSIC

Esta exhibición amosará os obxectivos e a tecnoloxía do proxecto XSCAPE Mentes Materiais, un estudo sobre cognición e materialidade que se desenvolve desde o Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC), no marco do programa ERC da Comisión Europea.
A través de tecnoloxías de seguimento visual e lecturas de signos fisiolóxicos e ondas cerebrais, tratamos de comprender como as sociedades construíron o mundo e o impacto que isto tivo e ten no noso cerebro. Ademais de explicar algúns conceptos clave sobre o funcionamento dos sentidos, reproduciremos un set-up experimental para ver como funcionan as tecnoloxías de seguimento visual e o seu potencial para entender mellor o noso cerebro.
Non é necesario ningún coñecemento previo e as persoas interesadas poderán probar os equipos e apuntarse, se o desexan, á nosa comunidade de participantes para colaborar co proxecto.