Obradoiro CITENI | Conecta o océano: a enerxía do futuro

Ferrol
Presencial
Público escolar e público xeral

PRAZAS | Varias quendas de 10 prazas. Ver +info.
LUGAR | Relanzo do 2º andar (Edificio de Talleres) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.

Descrición do obradoiro

O océano é moito máis ca unha fonte de enerxía: é un reto de enxeñaría. Nesta actividade descubrirás, xogando, os retos aos que se enfrontan as instalacións mariñas: construirás pezas con lego (turbinas eólicas, placas solares…) e xogarás a distintos xogos de mesa para converterte en enxeñeiro ou enxeñeira do mar. Ciencia, estratexia e diversión para conectar as pezas do futuro enerxético.

+info

· Xornada de mañá | Visitas escolares | Reserva previa en: comunicacion.citeni@udc.gal (prazas esgotadas).
· Xornada de tarde | Público xeral | Reserva previa en: https://citeni_udc.eventbrite.com.
· Duración aprox: 20 min.