A Coruña
18.00 a 22.30 h
Presencial
Público familiar
Prazas: –
LUGAR | Praza de María Pita, A Coruña
ORGANIZA | SEBBM
Obradoiro de manualidades no que se empregarán abalorios, tanza, alambre, plastilina e tableiros, para que os nenos constrúan as súas propias proteínas, comezando polas estruturas máis simples e creando progresivamente formas máis complexas.
Idades: de 6 a 12 anos.
Visualiza e constrúe a estrutura de proteínas neste obradoiro de ciencia e arte coa SEBBM e o artista Declan Faulkner.
Organizado por Fiona Veira, de The Federation of European Biochemical Societies (FEBS).
A inscrición realizarase directamente na Praza de Maria Pita (seguindo o protocolo COVID).