Descubre os segredos do mar co Centro Oceanográfico de Vigo

Público | xeral
Horario | 18.00 – 2.00 horas
Lugar | Museo Marco

Atrevédesvos a competir en equipo para resolver os misterios químicos agochados no océano?
Gustaríavos ver de preto como analizamos o lixo que acaba no mar?
Queredes saber que é a acuicultura e como coida de nós?

Con motivo da última edición da GNight: Noite Galega das Persoas Investigadoras, o equipo científico e técnico do Centro Oceanográfico de Vigo organiza no Museo MARCO unha xornada dedicada á ciencia mariña. A través de xogos e obradoiros interactivos, darémosvos a coñecer os segredos do mar, espertando o interese pola ciencia entre os visitantes.