ECOBAS | Economízate

CORUÑA
18:00 a 21:00 h
Obradoiro + Andaina | Presencial
Tipo de público: xeral, todas as idades (detalle na descrición das actividades)

ECONOMÍZATE

PRAZAS | Acceso libre (previa inscrición)
LUGAR | Dársena da Mariña (inmediacións Sede Autoridade Portuaria)

Queres coñecer como funciona a economía, como impacta no teu día a día? Achégate ao noso espazo para descubrir e aprender xogando. Haberá agasallos para todos!

A regra 50-30-20

Ordena as túas finanzas persoais, gastos, aforros… Como facelo ben?
Actividade para maiores de 14 anos.

O Laboratorio da Substitución

Veremos como non todas as economías responden igual cando cambian as condicións. Experimenta con diferentes combinacións de factores de produción e descubre como a elasticidade de substitución pode impulsar, ou limitar, o crecemento económico.
Actividade para maiores de 14 anos.

Tractor ou nada

A través dun percorrido por este taboleiro, simulación dunha granxa, a rapazada aprenderá como desenvolver unha idea que lles permita acadar o reto: mercar un tractor ecolóxico. Terán que plantar sementes, obter a colleita, enfrontarse a unha xeada, cobrar intereses, pagar impostos, etc., e obterán recompensas tanto económicas como en especie.
Actividade para menores de 12 anos.

Deseña unha Alianza Europea de Universidades

Para construír a universidade do futuro: como se crea unha alianza entre universidades de distintos países? Xogando en equipo, participarás no deseño dunha proposta de alianza a partir de universidades reais e dos seus contextos territoriais. Misión, valores, principais liñas de actuación, proxectos… Terás que tomar moitas decisións estratéxicas. Verás a túa proposta en relación co que esas mesmas universidades crearon na realidade.
Actividade para maiores de 15 anos.

Andaina de Marketing

Ven connosco a visitar un establecemento comercial de Inditex (en Rúa Compostela, A Coruña) para coñecer de que maneira o punto de venda pode influír no consumidor e no seu comportamento, empregando variables de marketing coma a disposición do produto dentro da tenda, o emprego da cor, a iluminación, ou as zonas con ofertas comerciais. A andaina basearase na proposta científica do modelo S-O-R de Mehrabian e Russell (1974) e de Donovan e Rossiter (1982). A investigadora de ECOBAS e catedrática da área de Marketing da UDC, Cristina Calvo Porral, conducirá esta andaina.
Duración: 30 minutos. Actividade para todas as idades.

*A actividade comezará ás 16 horas e o grupo será dun máximo de 20 persoas.
Imprescindible INSCRICIÓN