Experiencia coa realidade aumentada e realidade virtual

Ferrol
10 a 14.00h
Presencial
Público escolar

Prazas: Visitas concertadas

LUGAR | CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana, s/n (Ferrol)
ORGANIZA | CIS Tecnoloxía e Deseño

2 sesións: de 10.00 a 11.45h (24 prazas) e de 12.15 a 14.00h (24 prazas).
Poderanse coñecer as instalacións de RV e RA : por unha banda, haberá unha visita ao showroom onde será posible probar diferentes dispositivos de realidade virtual e aumentada, e doutra unha visita a CAVE e á Sala de Demostradores onde se terá a oportunidade de probar diferentes desenvolvementos realizados con lentes de realidade virtual e aumentada no marco de diferentes proxectos europeos.