Experiencia de ITMATI no programa Marie Sklodoska-Curie do H2020. Doutorandos Europeos Industriais

Santiago
18.30 h
Online
Público en xeral

Prazas: –

LUGAR | Sala virtual de ITMATI – CITMaga
ORGANIZA | Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI)

Contarase a experiencia de Umberto Emil Morelli, doutorando de investigación industrial. no marco do proxecto ROMSOC “Reduced Order Modelling, Simulation and Optimization of coupled System”:

  • Efficient computational strategies for complex coupled flow, thermal and structural phenomena in parametrized settings, doutorado industrial dirixido por Peregrina Quintela Estévez, investigadora adscrita a ITMATI (CITMAga), en colaboración coa empresa italiana Danieli. Charla impartida polo Investigador pre-doutoral de ITMATI (CITMAga) no marco do proxecto, Umberto Emil Morelli.

O proxecto ROMSOC, forma parte dun programa europeo de doutoramento industrial no ámbito da Matemática Industrial cuxo obxectivo é formar, por medio dunha rede internacional de centros de investigación e empresas a unha nova xeración de investigadores creativos e innovadores, capaces de transformar os coñecementos e as ideas en produtos e servizos. As EID son redes formadas polo menos por dous socios, un académico e outro industrial, situados en dous países distintos da Unión Europea a través das que se contrata persoal investigador en formación ( ESR – Early Stage Researchers) que debe de pertencer a un terceiro país distinto aos anteriores. O investigador seleccionado estará inscrito nun programa de doutoramento e será supervisado conxuntamente pola empresa e o organismo de investigación. Deberá pasar o 50% do proxecto na empresa e outro 50% no organismo de investigación. Esta rede de doutoramento foi promovida pola European Service Network of Mathematics for Industry and Innovation ( EU- MATHS- IN) e en España pola Rede Española Matemática – Industria ( math- in) da que ITMATI é socio.
Este proxecto recibiu financiamento do programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea en virtude do acordo de subvención Marie Skłodowska- Curie nº 765374.

Actividade impartida por Umberto Emil Morelli, enxeñeiro aeroespacial graduado no Politecnico dei Torino e o Instituto Superior Técnico (IST) de Lisboa. Despois de traballar como investigador no IST e na Universidade de Glasgow estudando a aerodinámica dos helicópteros, é agora doutorando á Universidade de Santiago de Compostela no Programa de Doutoramento en métodos matemáticos e simulación numérica en enxeñería e ciencias aplicadas. É tamén membro do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) onde traballa no marco do proxecto Europeo Reduced Order Modelling, Simulation and Optimization of Coupled Systems (ROMSOC).

Enlace directo á sala:

https://gnight.teltek.es/virtualspace/meetings/citmaga