Luminis·Ciencia: como iluminar o cancro para estudalo | colabora a Asociación Española contra o Cancro

Ferrol
Presencial
Público xeral

PRAZAS | Varias quendas de 10 prazas. Ver +info.
LUGAR | Soportais e ástrago da sala Siemens (Edificio de Talleres) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro.

Descrición do obradoiro

Sabías que algúns seres vivos son capaces de producir a súa propia luz? Neste obradoiro descubrirás como a natureza inspira á ciencia para crear ferramentas innovadoras que axudan a comprender mellor enfermidades como o cancro.

A través dunha experiencia práctica e visual, achegarémonos ao fascinante fenómeno da bioluminiscencia e aprenderemos como o persoal investigador emprega proteínas capaces de emitir luz para “marcar” células e observar o que acontece no seu interior. Grazas a esta técnica sorprendente, é posible seguir a actividade das células tumorais e obter información fundamental para avanzar na investigación oncolóxica.

Unha oportunidade para descubrir, experimentar e comprender como un fenómeno natural pode converterse nunha poderosa ferramenta científica ao servizo da saúde e da investigación.

Ademais, a actividade contará coa presenza de dúas figuras moi especiais: Marie e Pierre Curie, que nos acompañarán neste percorrido pola historia da ciencia, achegando curiosidades e axudándonos a comprender a importancia da investigación para mellorar a vida das persoas.

+info

· Xornada de tarde | Público xeral | Reserva previa en: https://citeni_udc.eventbrite.com
· Duración aprox: 20 min