Santiago
18.00 ás 21.00 h
Público xeral
Prazas: acceso libre
LUGAR | Claustro do Colexio de Fonseca, Rúa do Franco s/n
ORGANIZA | IEGPS, CSIC-Xunta de Galicia
Pasando polo posto do IEGPS no claustro do Colexio de Fonseca poderás descubrir o Seminario de Estudos Galegos dun xeito dinámico e entretido. A través de xogos de memoria, de preguntas e de agudeza visual, poderás descubrir diferentes aspectos desta institución cultural creada por estudantes e intelectuais no ano 1923 co obxectivo de estudar dun xeito sistemático e científico “todas aquelas cuestións que afecten á vida de Galicia”. Desde os restos arqueolóxicos á lingua, desde a historia ata as estrelas, desde as tradicións e o folclore ata a fauna… todas estas cuestión, do máis variadas, foron obxecto de interese para os homes e mulleres que formaron parte e promoveron o SEG.
Tanto o público adulto como o xuvenil poderá descubrir o SEG a través dun “quen é quen” con personaxes relevantes do SEG, un xogo de cartas tipo memory con elementos vinculados ao Seminario, un concurso de preguntas, un póster de axilidade visual “Buscando o SEG” (semellante a Onde está Wally), entre outras.
Descubre, ademais, a nosa Guía didáctica. O Seminario de Estudos Galegos, publicada por Editorial CSIC.
