Ferrol
10.00 a 20.30 h
Presencial
Público escolar e familiar
PRAZAS: Varias quendas de 10 prazas. Ver detalle.
LUGAR | 3ª andar do CITENI, Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITMaga, Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia e CITENI, Universidade da Coruña.
Camiños curtos, camiños rápidos e camiños imposibles
Miguel Brozos Vázquez, Marco A. Campo Cabana, María José Pereira Sáez, María José Souto Salorio, Ana D. Tarrío Tobar. Persoal investigador vinculado ao CITMAga.
Neste obradoiro utilizaremos material manipulable para explorar propiedades de distintas curvas: veremos como as xeodésicas minimizan a distancia entre dous puntos, veremos como é a forma do tobogán máis rápido que se pode construír, e veremos como utilizar grafos para resolver problemas ou… descubrir que hai camiños que resultan imposibles!
- Sesións escolares de 10 a 13.00h. Inscrición previa requerida no correo comunicación.cit@udc.gal
- Sesións abertas ao público xeral de 17 a 20.30 h. Entrada libre ata completar capacidade. Reserva a túa en: http://citeni_udc.eventbrite.com