Obradoiro CITENI | A mecánica de fluídos na cociña

Ferrol
Presencial
Público escolar e familiar

PRAZAS | Varias quendas de 10 prazas. Ver +info.
LUGAR | Laboratorio de Fluídos (Edificio CITENI – planta baixa ou espazo alternativo) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.

Descrición do obradoiro

Tanto se es afeccionado como chef profesional, quizais non imaxinas ata que punto a mecánica de fluídos inflúe no éxito dunha receita! A través de experimentos sinxelos e didácticos, fáciles de reproducir na casa, poderás descubrir conceptos fundamentais desta disciplina que resultan clave na cociña. Porque a física tamén se saborea e é que, desde hai séculos, os avances na mecánica de fluídos revolucionaron a forma en que cociñamos e gozamos a comida. Ao mesmo tempo, a creatividade na cociña inspirou sorprendentes ideas científicas. Hoxe, a ciencia dos fluídos está a transformar por completo o mundo da alimentación. A vertedura de líquidos, a mestura de ingredientes, a transferencia de calor ou o uso de fluxos presurizados son procesos clave que permiten lograr receitas que antes parecían imposibles. 

Sabías que moitos fenómenos curiosos na cociña teñen unha explicación científica sinxela? Ven descubrilos con experimentos divertidos, visuais e sorprendentes!

+info

Visitas escolares de mañá | Reserva previa en: comunicacion.citeni@udc.gal
Xornada de tarde | Público familiar | Reserva previa en: https://citeni_udc.eventbrite.com
20 min.