Ferrol
Presencial
Público escolar e familiar
PRAZAS | Varias quendas de 10 prazas. Ver +info.
LUGAR | Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (Edificio de Talleres – Soto) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.
Descrición do obradoiro
Como ensaiar o motor dun coche cando o coche aínda non se fabricou? O Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM) presentará un prototipo de banco de ensaios ciberfísico para motores eléctricos. Nun banco cíberfísico de ensaios próbanse compoñentes reais de vehículos (no noso caso, os motores que moven o coche) controlados por unha simulación do vehículo nunha contorna virtual. Así pódense ensaiar compoñentes en condicións de funcionamento reais, aínda que non se dispoña dun coche completo no que probalos. Ademais, o grupo de biomecánica fará unha demostración interactiva: colocarán sensores no brazo das persoas participantes para rexistrar os seus movementos, que se verán en tempo real nunha pantalla a través dun modelo virtual que imita o brazo.
+info
Visitas escolares de mañá | Reserva previa en: comunicacion.citeni@udc.gal
Xornada de tarde | Público familiar | Reserva previa en: https://citeni_udc.eventbrite.com
20 min.

