Obradoiro | Contaminación ambiental

A Coruña
25 de setembro, 18:00 a 21:00 h
Presencial
Público xeral

PRAZAS | Acceso libre
LUGAR| Dársena da Mariña (inmediacións Sede Autoridade Portuaria)
ORGANIZA | O CITEEC da Universidade da Coruña

Descrición do obradoiro

Obradoiros con experimentos sinxelos para achegar ao público xeral diversas problemáticas da contaminación ambiental vencelladas á vida cotiá, amosando como se investigan e como podemos contribuír a mellorar o noso entorno.

Persoas investigadoras: Membros do grupo de investigación de Química Analítica Aplicada (QANAP, adscrito ao CITEEC). Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA). Universidade da Coruña.