Obradoiro | Contaminación ambiental

A Coruña
26 de setembro, de 18:00 h. a 21:00 h.
Presencial
Público e xeral

PRAZAS: ACCESO LIBRE
LUGAR | Dársena da Mariña ( inmediacións Sede Autoridade Portuaria) (A Coruña)
ORGANIZA | CITEEC e a Universidade da Coruña

Obradoiros con experimentos sinxelos para achegar ao público xeral diversas problemáticas da contaminación ambiental vencelladas á vida cotiá, amosando como se investigan e como podemos contribuír a mellorar o noso entorno.

Persoas investigadoras: membros do grupo de investigación de Química Analítica Aplicada (QANAP, adscrito ao CITEEC). Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA). Universidade da Coruña.