Obradoiro MUNCYT | ¡Investiga en ciencia e tecnoloxía!

A Coruña
26 de setembro, de 18:00h.(90 min)
Presencial
Público infantil ( 9 a 14 anos)

Prazas: 3o parcipantes. Reserva previa en reservascor@muncyt.es e no teléfono 689 578 727

LUGAR | MUNCYT
ORGANIZA | CITIC e a Universidade da Coruña

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña convídache a participar nunha feira que une ciencia e tecnoloxía para que coñezas proxectos actuais e innovadores:

• Cátedra INDITEX-UDC en IA Verde: Descobre que é a intelixencia artificial e cando se volve verde para axudar ao planeta.
• Proxecto RePo-SUDOE: Iniciate na bioinformática con xogos interactivos e experiencias de realidade virtual.
• Proxecto Talentos Inclusivos: Coñece un proxecto inclusivo e divírteche con dispositivos accesibles.
• Proxecto TuTIC: Crea os teus propios circuítos eléctricos e experimenta con sensores.

Persoas investigadoras: Personal del CITIC participante: Laura Morán Fernández, Verónica Bolón Canedo, Carlos Fernández, Lucía Martínez, Javier Pereira, Irene Brage, Paula Castro, Adriana Dapena y Óscar Fresnedo.