A Coruña
26 de setembro, 18:00 h. (60 min.)
Presencial
Público familiar ( entre 8-12 anos)
PRAZAS: 25 participantes. Reserva previa (reservascor@muncyt.es) e no teléfono 689 578 727
LUGAR | MUNCYT (A Coruña)
ORGANIZA | AEMET, Delegación Galicia e Universidade da Coruña
Despois dunha breve introdución aos diferentes tipos de avisos meteorolóxicos, feita por persoal da AEMET, os asistentes aplicarán eses coñecementos dando resposta a varias consultas simuladas da xente. En definitiva, trátase de xogar a ser un equipo meteorolóxico que contesta consultas sobre o tempo, como fan os meteorólogos e meteorólogas dos medios de comunicación.
Persoas investigadoras: Persoal da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
