Obradoiro | Felicidade financeira

Vigo
27 de setembro de 2024
18.15 h.
Público maior de 14 anos

RELATOR | Jorge Eduardo Vila Biglieri (Grupo: Empresa internacional e capital intelectual)
LUGAR | Aula 2, segundo andar, edif. Redeiras
ORGANIZA | Universidade de Vigo

En busca da felicidade financeira e a xubilación anticipada

Bautismo financeiro no mercado mundial máis volátil do mundo, o americano. Descobre como duplicar o capital invertido en menos de 6 horas e media.

Búscase difundir coñecementos financeiros de xeito chamativo. Faráse un bautismo financiero no mercado mundial no mercado financeiro máis volátil do mundo, o mercado americano das opcións financeiras, demostrando que no 96% das sesións pódese duplicar o capital invertido en menos de 6 horas e media, simulando con datos reais os movementos bruscos destes instrumentos financeiros. 

Todos os asistentes coñecen os cartos e o que costa gañalos, ofréceseslles a oportunidade de ver un mercado de alta volatilidade. O elemento sorpresa é que o público está afeito a rentabilidades do 3% ou 4% anual e nós imos demostrar que se pode gañar un 100% diario. Non é aconsellable investir neste mercado a menos previamente se teña experimentado durante 3 a 6 meses con rendementos positivos.